ESCARAMUZAS

miércoles, 26 de marzo de 2008

Non temos tempo; non temos todo o tempo que precisamos e lévanos a afirmar taxativamente que non temos tempo, sin máis.
O problema non é o tempo en sé mesmo, senón o uso que lle damos e o destino que ten, pois en máis de catro ocasións adicamos o tempo a facernos máis ricos, a acumular e atesourar máis diñeiro, en vez de buscar o xeito de desfrutar do que temos antes de morrer..., pois a verdade é que para o outro barrio non imos levar máis que riqueza de espírito.
E..., qué é a riqueza de espirito?. Nn máis nin menos que a cantidade de satisfacción persoal que teñamos acumulado a traveso dos anos por mor daqueles feitos que nos deron unha ledicia interior por facelos e sen que tiveran explicitamente unha compensación económica.
E que non nos convencemos que parte do tempo que temos dispoñible, non destiñado ó traballo específico da nosa profesión, é para adquirir coñecementos o marxe do oficio ou profesión, en resumo son para destiñar ós nosos "hobbies", a adquirir máis "cultura" e coñecementos
que nos amplien o campo de visión da realidade, ou mellor, das multiples realidades que plantean a cotío o resto dos mortais.
En resumo, é o tempo que temos para coñecer outras formas de pensar, de sere e inda de comportarse dos outros, próximos ou non, pero que conforman outro tipo de criterios.
E non temos tempo porque non consentimos en que a xornada laboral remate no intre que saímos por a porta do chollo (o que lle destinamos 8 horas das 24 que ten o día), por tanto temos outras oito para destinarllas a adquirir máis coñecementos de caracter social, cultural, etc,... e outras oito para durmir.
Esta sería unha xornada completa de unha data aproveitada.
Sen máis.!